Foi o catorce de decembro de 2021. Estaba na casa afectado por un bo trancazo cando recibín no meu correo electrónico unha mensaxe de Francisco Castro, director xeral de Galaxia . Levaba uns días esperando ese intre, así que respirei un par de veces antes de abrir o contido e dispoñerme a lelo. Bo día Alexandre: Limos a túa novela e queremos publicala. Así que, en canto poidas, entra en contacto comigo por favor. Para ser sincero, non lembro moi ben o que sucedeu a continuación. Creo que empecei a dar saltos posuído por unha inmensa sensación de alegría, mentres empezaba a asimilar que o meu libro, esa historia que estivera escribindo no últimos tres anos como un agradable pasatempo, ía estar un día acompañando a outras obras nos andeis das librarías. E ademais, íao facer da man de Galaxia , editorial de referencia en Galicia, fundada hai máis de 73 anos por eminencias intelectuais como Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo, ou Fernández del Riego; e que ...
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións