“A viaxe do castrexo” é unha novela histórica de aventuras e amor, que se desenvolve no ano 137 a. C. no marco xeográfico comprendido entre o poboado castrexo do monte do Castro de Vigo e a actual cidade de Braga, en Portugal.
Nela, o protagonista, un xove e humilde pescador, tras ser condenado a morte inxustamente, consigue escapar do poboado. Na súa fuxida, despois de múltiples avatares, chega ata o territorio da tribo dos brácaros, onde se ve inmerso nos enfrontamentos coas lexións romanas que, comandadas polo cónsul Décimo Xunio Bruto, chegaron a estas terras desde o sur do río Douro coa intención de conquistalas.
Este libro é a historia dunha viaxe, tanto no espazo xeográfico coma no interior do protagonista.
É un canto á perseveranza, á tenacidade, á forza de vontade e ao amor. Todo isto adubado co choque de culturas que supuxeron os primeiros encontróns que se produciron entre os conquistadores romanos e os pobos castrexos que habitaban o noroeste da península Ibérica.
Ruinas do poboado castrexo no monte Tegra - Foto: Alexandre Plaza |
A publicación desta novela está prevista cara a finais do ano 2022 pola editorial Galaxia.
Ten moi boa pinta. Estou desexando que se publique.
ResponderEliminarCoñecémonos de sempre pero non sabía que tiñas estas habilidades. Moita sorte, amigo
ResponderEliminarSe Galaxia está interesada en publicala, seguro que está ben. Parabéns, Alex. Lereina, seguro.
ResponderEliminarO resumo da novela anima a lela. Non se podería publicar xa?
ResponderEliminarHaberá que ter aínda un pouco de paciencia...
EliminarAprendere a leer en " Galego ' para no perdermela
ResponderEliminar